O Concello de Ourense liquida o exercicio 2013 cun remanente de tesourería de 36,7 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

Con data 30 de abril de 2013, e conforme aos informes de Tesourería e Intervención, aprobouse a liquidación do orzamento do Concello de Ourense correspondente ao exercicio 2013. O concelleiro de Economía, Facenda, Limpeza e Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, presentou esta mañá no Salón de Plenos os resultados da mesma, que amosan “a situación económicamente privilexiada” na que se atopa o Concello cun resultado final de 36,7 (36.768.914) millóns de euros e un aforro neto de 13,2 millóns de euros.

O concelleiro estivo acompañado de Áurea Soto, concelleira de Urbanismo e Infraestruturas, xa que segundo a a Lei reguladora de Facendas Locais permite a aqueles concellos con superávit orzamentario realizar “inversións financieramente sostibles”, sempre que se cumplan os requisitos da Lei de Estabilidade Orzamentaria. Tendo en conta os mesmos o Concello ven elaborando un Plan de Investimentos dirixido a mellorar infraestruturas de abastecementos, saneamento, alumeado, mellora de infraestruturas viarias, parques e xardíns ou xestión e planeamento, a solicitude dos veciños e veciñas da cidade e os colectivos socioempresarias.

Liquidación orzamentaria

Segundo as magnitudes da liquidación orzamentaria os ingresos realizados foron de 98,4 millóns de euros, o que implica un grado de execución de 92,8%, e gastos realizados por importe de 94,9 millóns de euros (un 78,9%), segundo as obrigas recoñecidas con data 31 de decembro de 2013.

Segundo os resultados orzamentarios, o Concello de Ourense conta con superávit orzamentario, cun incremento de 9 millóns de euros con respecto ao exercicio 2012 no remanente de tesourería, que acada os 36,7 millóns de euros, e un aforro neto de 13,2 millóns de euros. Estas magnitudes sitúan a débeda municipal en 52,2 millóns de euros, un 53,32%, diminuíndo a débeda viva do Concello de Ourense en 11 millóns de euros, 4 puntos por debaixo da do ano 2012.

A existencia de superávit permite ao Concello realizar un Plan de Investimentos, cuxo contido e gasto, non afecta á cuantía do teito de gasto municipal, e que está a ser tramitado pola Concellería de Infraestruturas recabando as peticións dos colectivos sociais e empresariais da cidade.

5 de maio de 2014 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.