O Concello de Ourense lanza unha campaña para concienciar sobre as infraccións de tráfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Tráfico e Policía Local, porá en marcha unha campaña informativa en materia de infraccións viarias.

Segundo os datos da Policía Local e o departamento de Tráfico do Concello de Ourense a meirande parte das infraccións en seguridade vial na cidade se producen por un mal estacionamento ou aparcamento, principalmente nas paradas de autobús ou nas zonas sinalizadas coma carga e descarga.

A campaña diríxese a informar aos usuarios e usuarias destas zonas para optimizar o seu uso (no marco dos horarios legalmente establecidos) evitando os perxuízos que poida ocasionar o seu mal uso e favorecendo a mellorar a fluidez e eficacia do tráfico rodado.

Así mesmo, darase visibilidade á prohibición de estacionar nas zonas sinalizadas como paradas de autobús, tentando evitar dilacións ou retrasos que ocasionan este tipo de estacionamentos para os usuarios e usuarias do transporte público.

O obxectivo da campaña non é outro que a concienciación por parte dos conductores que os graves prexuízos que se ocasionan e os beneficios da súa correcta utilización.

9 de maio de 2014 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.