O Concello de Ourense anima a observar unha chuvia de estrelas fugaces na Praza Maior
Veciños e veciñas da cidade de Ourense poderán observar a chuvia de estrelas fugaces prevista para pasado mañá, venres, 23 de maio, cunha serie de actividades dirixidas polo observatorio “El Mirón del Cielo” e patrocinadas pola Concellería de Xuventude do Concello de Ourense. Serán:
20.00 horas: Obradoiros de astronomía para nenos (foguetes de auga, planisferios celestes recortables, reloxos de sol, maquetas de naves espaciais en papel…)
21.00 horas: Na carpa astronómica situada a tal fin, realizaranse unha serie actividades multimedia, explicando o fenómeno do día.
22.00 horas: Actividade de observación, á parte do fenómeno da chuvia de estrelas (visible a simple vista), situaranse unha serie de telescopios que nos permitirán observar outros obxectos celestes presentes neste día no firmamento (Marte, Xúpiter e Saturno). Tamén mediante o uso dun raio láser astronómico farase un percorrido polas principais constelacións visibles nese intre.
Esta chuvia está xenerada polo obxecto 209P/LINEAR, un cometa que nos visita tan só cada 5 anos e que agora se atopa perto do sol. Aspredicións son variables, ainda que todo apunta a que será posible observar ata 200 meteoros por hora en condicións ideais e algunhas prediccións falan de 1000 meteoros por hora. O LINEAR promete por tanto unha chuvia excelente de estrelas fugaces.











