O Concello de Ourense abre o prazo para solicitar as subvencións que de apoio a entidades sen ánimo de lucro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense abrirá dende mañá, martes, día 20 de maio, ata o luns, día 9 de xuño, o prazo de presentación de solicitudes para optar á convocatoria das subvencións que concederá o Concello a entidades sen ánimo de lucro para o fomento de actividades e proxectos xuvenís durante o ano 2014.

As persoas interesadas poden consultar as bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de hoxe, luns, 19 de maio, ou na páxina web do Concello de Ourense. Tamén poden solicitar máis información nas dependencias da Concellería de Xuventude, na Praza de San Martiño, número 2, baixo, teléfono 988 388154.

A convocatoria, aprobada en Xunta de Goberno Local o pasdo día 8 de maio, enmárcase no obxectivo da Concellería de Xuventude de fomentar a participación xuvenil nos diferentes ámbitos sociais, facilitando o desenvolvemento de actividades por parte das asociacións.

As subvencións están dirixidas a proxectos e programas xuvenís de interese xeral. Poderán concurrir as asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude ou aquelas que poidan acreditar a existencia dunha sección xuvenil nos seus estatutos ou canles de actuación, e que estean inscritas no Libro de Rexistro do Concello de Ourense.

A convocatoria está dotada con 18.070,43 euros. As solicitudes serán valoradas tendo en conta a calidade do proxecto, a viabilidade, implicación nos programas da Concellería de Xuventude, número de destinatarios e emprego da lingua galega e da linguaxe non sexista.

19 de maio de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.