publicidade hoxe

O Concello de Neda suma 155 horas máis ao mes no servizo de axuda no fogar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A concelleira de Servizos Sociais, Leonor Canosa, anunciou esta mañá que o Concello de Neda incrementará nun 10% as horas de atención que, cada mes, presta a través do servizo municipal de axuda no fogar a persoas coa súa dependencia recoñecida pola Lei. A iniciativa é posible grazas á aprobación, por parte da Consellería de Traballo e de Benestar, da concesión de 155 horas máis ao mes para o programa, de maneira que se estarían prestando 1.553 horas mensuais no seu conxunto e se beneficiará a 42 usuarios dependentes. Unha medida que permite atender así a novos veciños actualmente en lista de espera.

Nesta liña, a concelleira quixo destacar que, ademáis da atención a dependentes, o Concello tamén está dando cobertura básica, no marco do programa de axuda a domicilio, a outro medio centenar de familias, polo que o servizo atende a unhas cen persoas na real vila. Ao respecto, Leonor Canosa mostrou a súa satisfacción pola medida aprobada por parte da Xunta, de especial importancia no Concello de Neda, ao contar cunha poboación moi envellecida.

6 de maio de 2014 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.