O Concello de Neda organiza unha Marcha Nocturna ao Monte Marraxón
O Concello de Neda organiza unha Marcha Nocturna o próximo venres, 6 de xuño, que consistirá na subida ao Monte Marraxón. Organizada polas concellerías de Cultura e Turismo, o punto de partida será a Casa da Cultura, ás 22,30 horas. De alí, iniciaráse unha ruta que terá dificultade baixa. Á chegada a Marraxón, os participantes farán un alto no camiño para disfrutar das vistas e, se o tempo o permite, repoñer forzas cuns bocadillos e refrescos.
A marcha está aberta á participación de todo o que o desexe, aínda que os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. O prazo para anotarse está xa aberto (ata o día anterior, xoves 5 de xuño). Pode facerse telefonicamente nos números 981 39 02 33 ou 981 39 02 49 ou no correo cultura@neda.dicoruna.es. Así mesmo, dende a organización recoméndase levar lanternas.











