O Concello de Neda lembra á veciñanza que o recibo do lixo se fraccionou en dous pagos
Este exercicio, e a diferencia do ano pasado, a veciñanza de Neda está obligada ao pago fraccionado do recibo pola recollida e tratamento do lixo. Deste xeito, en lugar dun abono único, dividiráse o custe do servizo en dous recibos, que a institución provincial cobrará semestralmente. Así se establece no artigo 6 da Ordenanza fiscal nº 10 do Concello, publicada no BOP nº 243 do 23 de decembro de 2013. Unha medida coa que se pretende facilitar o pago, descargando o importe en dúas cuotas.
O primeiro pago realizaráse no primeiro semestre, coincidindo co período cobratorio de IVTM (rodaxe) e, a segunda metade, no segundo trimestre, coincidindo co periodo cobratorio do IBI.











