O Concello de Mos fomenta o consumo responsable entre os escolares do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Dende a Concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola edil Kely Monzón, informouse de que durante esta mañá levouse a cabo a iniciativa Comercio Xusto: Consumo Responsable, desenrolada pola Escola Galega de Consumo dentro do programa de educación para o consumo AKAL.

Os destinatarios desta actividade foron un total de 122 nenos e nenas mosenses de diversas idades. Entre os participantes houbo alumnos dos cursos 5º e 6º de Primaria no caso do colexio CEIP Atín de Cela; e de 3º e 4º, tamén de Educación Primaria, no Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos. Os alumnos beneficiarios da charla no IES de Mos foron estudantes de 1º curso da ESO.

Comercio Xusto: Comercio Responsable é unha iniciativa educativa e de sensibilización para reflexionar sobre a forma de consumo que facemos no noso día a día, coñecer a orixe dos obxectos, alimentos e recursos que consumimos; e para aprender de que xeito os nosos actos poden modificar o mundo que nos rodea.

“O obxectivo desta actividade é que os rapaces reflexionen e sexan conscientes de como repercuten os nosos hábitos no entorno dos demais, fomentar o cambio nos hábitos de consumismo, na nosa escala de valores e prioridades; e promover unhas condicións de traballo xustas” declarou a edil Kely Monzón.

Os contidos desta charla educativa e sensibilizadora abarcaron conceptos como o consumo responsable, o comercio xusto, a linguaxe publicitaria, o etiquetado e a resolución de conflitos; e fixeron ademais fincapé no consumo como actividade comercial baseada nunha relación directa e de respecto mutuo, na que produtores e consumidores obteñan unha garantía de produción fundamentada no respecto ós dereitos humanos e no desenvolvemento auto sostible.

5 de maio de 2014 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.