publicidade hoxe

O Concello de Ferrol acomete novos traballos na fachada exterior do C.C. Porta Nova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol iniciou na xornada de hoxe novos traballos de emerxencia nas instalacións do Centro Comercial Porta Nova, situado no entorno da praza do Inferniño. Esta intervención, que se suma á retirada das lousas que cubrían o exterior do inmoble, céntrase na fachada da construción que está orientada á avenida de Viveiro, que se mantén cortada ao tráfico rodado por motivos de seguridade.

Os traballos consisten na retirada da folla externa do cerramento do centro comercial e o seu custe ascende a 30.000 euros. As obras foron decretadas de urxencia esta mesma mañá tralo derrube dunha parte deste cerramento. Ademais destas obras, a Administración municipal ten ultimado un informe técnico sobre o resto de traballos que son necesarios acometer en Porta Nova e cuxa valoración ascende a 326.000 euros.

O obxectivo destes traballo é garantir a seguridade dunhas instalacións en que durante anos careceron de mantemento algún. O Centro Comercial Porta Nova foi rescatado polo Concello de Ferrol neste mandato ante os incumprimentos das condicións de explotación por parte da concesionaria.

13 de maio de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.