O Concello de Cangas presenta a nova edición da Feira da Tapa aos hostaleiros
Hoxe tivo lugar unha xuntanza entre a concelleira de Turismo e Comercio Berta Pérez con os hostaleiros para presentarlles a nova edición da Feira da Tapa. No acto a edil destacou que a presente edición “nace coa pretensión de seguir mellorando e subindo o listón respecto as anteriores para sorprender e resultar máis atractivos”, “polo que este ano introducimos varias novidades entre as que destaca o feito de establecer a Plaza de Abastos, edificio emblemático da nosa vila, como epicentro da cita gastronómica” recalcou.
A feira, que terá lugar dende o 26 ata o 6 de xuño, contará ademais con máis novidades coa celebración de actividades a semana anterior que servirán para “quentar motores” de cara o evento. Entre estas actividades destaca a celebración da presentación do evento para os medios na propia Praza de Abastos o venres 13 de xuño na segunda planta do edificio a cal poderase gozar de aperitivos, “celebrándoa en paralelo co mercado garantimos difusión” salientou Pérez. O 19 de xuño terá lugar no mesmo lugar o Premio do Xurado. Os participantes da feira elaborarán “in situ” nunhas cociñas colocadas para a ocasión as súas propostas que serán valoradas por cinco xuíces dándose a coñecer o gañador posteriormente, conxuntamente co Premio Popular. Tamén haberá un concurso escolar para establecer unha mascota para a Feira da Tapa que serva tamén para promocionar o evento. A estas iniciativas sumaranse o reparto de carteleira, folletos, bandeirolas nas inmediacións da praza, actividade na rede a través da web e das redes sociais “que axuden a xerar expectación” afirman os organizadores.
Os asistentes recibiron unha copia das bases co modelo de inscrición desta nova edición que estarán dispoñibles tamén na web do propio Concello. O documento reviste poucos cambios respecto a de o pasado ano, establecendo un prezo de inscrición de 60 euros e fixando como data tope para apuntarse o próximo 2 de xuño.
Cociña creativa
Este ano tamén haberá un Taller de Cociña Creativa que terá lugar do 16 ao 18 na Praza de Abastos na que participarán cociñeiros de prestixio como o coruñes Francisco Jiménez e estará tutorizado polo cociñeiro Aitor Martínez entre outros. O obradoiro contara con sesións diarias de máis de dúas horas nas que os participantes poderán aprender dos mellores, recibir consellos ou coñecer novas propostas, “axudando a potenciar a gastronomía canguesa innovando e aprendendo de profesionais de primeiro nivel” destacan dende a organización. O taller ter inscrición a parte de 65 euros que inclúe ingredientes de traballo e instrumentos de traballo.
A Feira da Tapa consolídase con esta nova edición como evento gastronómico, revelándose como un referente na comarca.











