O Concello de Allariz continúa coas escavacións no Castro de Armea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal Portada
A-
A+

O Concello de Allariz continuará, este verán, as escavacións no Castro de Armea en Santa Mariña de Augas Santas.

O Alcalde, Francisco García, ven de reunirse cos dous equipos de arqueoloxía, o laboratorio da Universidade de Vigo e o equipo dirixido por David Pérez, que nos últimos anos traballaron nos xacementos de Armea e o Señoriño, para acordar as liñas de traballo para este verán.

Estableceuse un cordo de traballo durante os meses de xullo e setembro. O laboratorio de arqueoloxía centrarase na escavación na zona que linda co terreo explorado por Conde Balvís nos anos 50. O equipo de David Pérez centrarase no Adro número e na domus romana poñendo ao descuberto este espazo singular.

A campaña, pendente de resolución de AGADER, conta cunha partida de 20.000€. O Concello aporta a man de obra xunto o aloxamento e manutención dos alumnos da universidade que participarán baixo a supervisión de Adolfo Fernández e David Pérez, coordinadores dos equipos de arqueoloxía.

O xacemento arqueolóxico de Santa Mariña de Augas Santas converteuse en visita obrigada tanto para os turistas como para os veciños.

6 de maio de 2014 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.