O Concello de Allariz adxudicaa obra de asfaltado na pista entre Peñaflor e Gimarás
O Concello de Allariz ven de adxudicar a obra de asfaltado con dous regos na pista entre Peñaflor e Gimarás, completando, así, as obras que se fixeran con anterioridade na estrada que une Gimarás con Piñeira de Arcos.
A adxudicataria foi a empresa Carreira Bella por importe de 55.154 euros.
Esta obra correspóndese á execución do Plan Marco de Infraestruturas, realizado con fondos AGADER, e permitirá a mellora da devandita vía de comunicación, continuando, así, co plan de mellora da rede viaria que o Concello de Allariz acomete anualmente.
Así mesmo, o Concello está a levar a cabo, con fondos propios, a segunda intervención de parcheo e mellora da rede viaria municipal e a extensión da rede de auga dende Turzás ata Casas Novas e Santo Estevo. Estas dúas últimas localidades tiñan, ata agora, abastecemento a través de pozo de barrena e esta “xeraba problemas de abastecemento” segundo explicaba o Alcalde Francisco García. Para mellorar o servizo optouse pola extensión da vía de abastecemento municipal e así “asegurar o servizo”. A obra supón un gasto de 40.000 euros.