publicidade hoxe

O Concello da Laracha convida a nenos de 8 a 17 anos de idade a asistir ao partido Deportivo-Eibar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha convida a todos os veciños de idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos a asistir ao partido da 39ª xornada da Liga Adelante (Segunda División) que disputarán no estadio Municipal de Riazor o Deportivo de La Coruña e o Eibar o domingo día 18 de maio a partir das 12.00 horas.

Os interesados deben reservar a súa praza dun xeito totalmente gratuíto achegándose ao Concello ou chamando ao teléfono 981 60 50 01. Deberán acompañar a autorización asinada polo seu pai, nai ou titor legal.

O Real Club Deportivo de La Coruña cedeu 50 invitacións, froito do convenio entre o club de fútbol e o Concello da Laracha.

O autobús partirá ás 11.00 horas desde a Praza do Concello e regresará será despois do partido, en torno ás 15.00 horas.

13 de maio de 2014 | 11:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.