O Concello da Guarda organiza unha visita guiada ó arquipiélago das Cíes
Agotadas as prazas que convocou o Concello da Guarda para participar na andaina que se levará a cabo o próximo domingo, 10 de maio, no arquipiélago das Cíes. Ofertáronse 110 prazas e cubríronse en moi pouco tempo.
Acompañados de dous monitores, pola mañá realizarán unha visita guiada ao Monte Faro (7km ida e volta) cun desnivel de 175m. Na cima do monte, once se atopa o Faro (miradoiro máis emblemático das illas), poderán divisar as fabulosas vistas do arquipiélago. Pola tarde e xa para rematar a visita, realizarán unha pequena ruta ó faro de Monteagudo, cunha distancia de 5,5 km.
Os participantes deberán levar calzado cómodo e elástico que lles permita caminar sen dificultade, cremas protectoras e bebidas. Para máis información poden contactar connosco no número de teléfono 986610000 ou ben no mail: deporte@aguarda.es.
O Concello da Guarda quere agradecer o interese mostrado este ano por todos os guardeses e guardesas nas andainas, e lembrar tamén que xa non quedan prazas para a seguinte visita prevista para o 7 de xuño en Quiroga (Lugo).
Data: 10 de maio
Distancia: 12,5 km
Saída: 8.30h. da explanada da Sangriña
Hora de Chegada aproximada: 20.00h











