O Concello da Coruña organizará dúas campañas de comercio
O Concello, a través do área de Emprego e Empresa que dirixe Luisa Cid, informa da organización, produción e difusión de dúas campañas de dinamización comercial do comercio coruñés, baseadas na celebración de dúas sorteos de vales de compra que se poñerán en marcha este ano, concretamente nas tempadas de verán e Nadal.
Ambas accións forman parte do Plan de Dinamización Comercial para incentivar o consumo e fomentar a actividade do pequeno comercio da cidade. Nos dous casos a mecánica será a mesma: entregar papeletas a quen compren nos establecementos participantes de acordo cos seguintes criterios: os clientes recibirán unha papeleta por compras de ata 20 euros, tres papeletas por compras de entre 21 e 50 euros, e cinco papeletas por compras superiores aos 50 euros.
As papeletas, cubertas polo cliente, depositaranse nas urnas habilitadas nas tendas participantes. O importe total dos premios, en cada unha das campañas, ascenderá a 30.000 euros que se distribuirán do seguinte xeito:
– Dous premios de 1.000 euros.
– Catro premios de 750 euros.
– Cinco premios de 500 euros.
– Nove premios de 250 euros.
– 40 premios de 100 euros.
– 50 premios de 75 euros.
– 250 premios de 50 euros.
Deste xeito, entre verán e de Nadal o Concello sorteará entre os clientes do comercio local un total de 720 premios por un importe de 60.000 euros para gastar nas tendas participantes.











