publicidade hoxe

O Concello da Coruña inicia unha Campaña Especial de Control de Motocicletas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Seguridade e Mobilidade que dirixe Julio Flores, informa da adhesión á Campaña Especial sobre Control de Motocicletas da Dirección Xeral e Tráfico que se desenvolve desde hoxe e até o próximo 25 de maio.

A campaña centrarase na vixilancia e control dos seguintes aspectos: adiantamentos antirreglamentarios, caducidade da ITV, non uso do caso e excesos de velocidade, que constitúen os principais factores de risco, así como a maior parte das infraccións.

A campaña ten por obxectivo reducir o número de feridos e falecidos en accidentes de circulación en motocicleta, tendo en conta que, entre o ano 2003 e 2012, o uso deste vehículo como alternativa ao automóbil, especialmente en desprazamentos urbanos, incrementouse un 88%, mentres que o número de accidentes, no mesmo período, duplicouse. Grazas a este tipo de campañas, conseguiuse que desde 2008 vaia descendendo, de forma paulatina, o número de falecidos que conducían unha motocicleta.

Un dos aspectos nos que se incidirá é na importancia do uso do casco, xa que a súa utilización aumenta nun 20% as probabilidades de saír ileso nun accidente. En 2012 14 dos 94 falecidos en motocicleta non levaban casco.

O pasado ano, a campaña controlou, na Coruña, un total de 385 motocicletas durante a campaña especial. En ellase rexistraron 12 denuncias aos usuarios de 9 motocicletas, das que 4 foron por temas relacionados coa ITV; 2 por carecer de seguro; 1 por exceso de velocidade; outra por non utilizar casco; e 4 máis por outras cuestións.

19 de maio de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.