O Concello da Coruña incorpora un novo vehículo á flota da Policía Local
A Concellaría de Seguridade Cidadá, que dirixe Julio Flores, informa de que a Policía Local sumará un novo vehículo á súa flota, que estará a disposición do servizo esta mesma semana.
Trátase dunha furgoneta modelo Renault Trafic Passenger, de 9 prazas, que, xunto con outro tres máis que incorporaranse ao longo deste ano, destinaranse para a unidade de barrio, co obxectivo de posibilitar os traslados do persoal e gañar en mobilidade e flexibilidade en caso de ter que desprazarse aos barrios para atender as necesidades do servizo que poidan xurdir. Ademais utilizaranse nos reforzos da unidade nocturna, en especial no dispositivo a pé da zona de lecer do Orzán e Juan Canalejo.
A furgoneta adquiriuse polo sistema de renting por un prazo de 4 anos e a un prezo de 1.522,96euros anuais. Conta cun gancho de remolque desmontable e está equipada con material e instrumental policial de última xeración para poder realizar controis e dispositivos policiais con maior eficiencia e seguridade. Estará equipada con ponte de sinalización prioritaria, emisora de última xeración e GPS, equipamento antidisturbios, rejillas desmontables na zona dianteira, así como láminas antivandálicas nas partes acristaladas que non dispoñen de rejillas, botiquín, maletín con 6 balizas recargables, 16 conos plegables, dúas lanternas recargables e rotulación adecuado á actual normativa policial de Galicia.











