O concelleiro de Seguridade Cidadá cre que se está a “sacar de contexto” a “urxencia” do acordo
O concelleiro de Seguridade Cidadá de Santiago, Luis Bello, sinalou este luns que se está a “sacar de contexto” o feito de que o acordo para o pagamento da defensa do edil Adrián Varela, tratásese como asunto “de urxencia” a pesar de que aínda non se coñecían as causas da súa imputación.
Luis Bello, que foi o último dos edís procesados por prevaricación en declarar na vista, indicou que os asuntos que se tratan como “urxencias” son algo “habitual” e que só obedecen a cuestións que chegan pouco antes da xunta de goberno. Bello indicou tamén que o acordo se supeditou aos condicionantes.
Os sete edís procesados neste caso prestaron xa declaración na vista. En concreto, os concelleiros declararon durante tres horas, dende as 10,45 horas.
Sobre as 14.00 horas, unha vez concluída a súa declaración, saíu do edificio xudicial o alcalde, Ángel Currás, que acudira a apoiar os edís. Tras un receso de dous minutos, a sala analizará agora as probas e os testemuños das persoas citadas como testemuñas.











