O compromiso do sector tecnolóxico galego fomenta o posicionamento como referente no ámbito TIC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigrán
A-
A+
Francisco Conde na presentación das novas instalacións da Ineo

Francisco Conde na presentación das novas instalacións da Ineo

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe na presentación das novas instalacións de Ineo, asociación multisectorial de novas tecnoloxías da información e a comunicación, o compromiso do sector tecnolóxico galego para posicionar a Galicia como rexión de referencia no ámbito TIC, subliñando a oportunidade que supón para as empresas deste ámbito a nova Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia- RIS3.

Neste sentido, o conselleiro destacou que as TIC están presentes en cada un dos tres grandes retos que se fixa esta estratexia, que Conde resaltou como unha oportunidade inmellorable para que as empresas TIC reforcen o traballo conxunto cos centros de coñecemento para liderar unha nova cultura innovadora, así como para a posta en marcha de grandes proxectos tractores que sexan capaces de transformar os sectores produtivos galegos e cuxo desenvolvemento teña un efecto directo no crecemento económico e social de Galicia.

Neste sentido, o conselleiro salientou que unha decidida aposta polas TIC contribúe a incrementar en máis dun 40% a produtividade de calquera sector, e resaltou os importantes recursos cos que conta Galicia neste eido, que conta con 2.000 empresas e emprega a 15.000 galegos.

Así, ademais da fortaleza do sector privado, Conde referiuse ao sistema universitario, que conta con preto de 4.000 alumnos matriculados en carreiras TIC, ou os 3 centros tecnolóxicos do sector, Cesga, Citic, e Gradiant.

14 de maio de 2014 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.