O coloquio “Adestramento mental para unha vida saudable” trasládase ao Colexio Apostólico Mercedario de Verín
O salón de actos do Colexio Apostólico Mercedario de Verín será o escenario que acollerá mañá 14 de maio a charla-coloquio “Adestramento mental para unha vida saudable”, a cargo do experto en psicoloxía Rubén Domínguez, que nun principio estaba prevista desenvolverse na Casa da Cultura de Verín -o cambio prodúcese como consecuencia da programación dun acto electoral no mesmo recinto e hora-.
A mesma, que terá lugar a partir das 20.15 horas, está destinada a profesionais que dirixen grupos deportivos, atletas federados/as, deportistas populares e público xeral que procura coñecementos para practicar hábitos de vida e deportes saudables. Ao longo desta os/as participantes tamén terán a oportunidade de formalizar preguntas a Rubén Domínguez, que tamén e membro do equipo de profesionais do Centro Libredón, asume a coordinación da Escola Iberoamericana de Coaching e participa como relator en varios foros nacionais e internacionais.
Devandito relatorio, enmarcado dentro das VII Xornadas de Deporte e Saúde e no proxecto ‘Eurorrexión activa: vida saudable nos concellos da raia’ -no que se persegue o fomento da actividade física e o envellecemento activo a través do aproveitamento dos recursos existente nos concellos/ participantes, programación propia de actividades de promoción da actividade física e envellecemento activo e coordinación e cooperación intermunicipal e rexional entre as entidades da “Raia”-, está organizado polo Servizo de Deportes do Concello de Verín e a Xunta de Galicia.











