O colexio Ferroviario de Monforte abrirá o Certame de Teatro o próximo martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O XXIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte iniciarase o próximo martes día 6 de maio coa actuacióndo alumnado do Colexio P. Ferroviario, que porá en escena a obra “Convídote a soñar”.

As datas das representacións e o título das obras que levarán a escena os centros participantes son as que seguen:

COLEXIO P. FERROVIARIO: “Convídote a soñar”, martes 6 de maio

IES A PINGUELA: “O misterio das risas”, mércores 7 de maio

CEIP A GÁNDARA: “Aventuras de Zongalo Quirico”, martes 13 de maio

CEIP DE MONFORTE: “¡Ai, mamasiña, que medo!”, mércores 14 de maio

COLEXIO PP. ESCOLAPIOS: “Aprendendo a ler”, xoves 15 de maio

CEE INFANTA ELENA: “A unión fai a Terra”, martes 20 de maio

ASOCIACIÓN INVITADA

PRODEME: “A cidade non é para min”, luns 19 de maio

Tódalas representacións levaranse a cabo na Casa da Cultura ás 20:00 h.

A entrega de premios realizarase o día 20 de maio, unha vez que finalice a representación do colexio Infanta Helena.

2 de maio de 2014 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.