O colexio de Allariz participa no V Festival de Xardíns
O Concello de Allariz xunto co Colexio público Padre Feijóo de Allariz presentaron, esta mañá, o xardín deseñado polos alumnos e alumnas que formará parte da quinta edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz.
O Alcalde Francisco García recordaba os obxectivos principais do festival “a dinamización económica e o reforzo da atracción turística, a potenciación das zonas verdes para facer do paisaxismo un elemento de referencia para Allariz e a sensibilización e divulgación dos valores ambientais”. Deténdose neste último obxectivo o rexedor reiteraba o seu agradecemento, tanto a profesores como alumnos, pola escolla do festival como escenario para a súa creatividade utilizándoo como recurso didáctico.
Así, os alumnos e alumnas do CEIP participarán como paisaxistas e xardineiros na presente edición do FIXA asumindo o deseño dunha das parcelas; á ocupada, o ano pasado, polo “Xardín das Pías” , moi representativa pola súa evocación das fábricas de curtidos. Este espazo terá continuidade no tempo e reservarase como como espazo educativo en edicións sucesivas.
O xardín deseñado polos alumnos, en colaboración cos técnicos da oficina de urbanismo do Concello de Allariz, conxuga a abundancia, o lema desta edición, coa temática escolar.
O director do CEIP, Javier Fernández, agradecía o convite do Concello para participar no festival, e subliñaba a importancia da educación fóra das aulas recoñecendo, esta, como “unha iniciativa interesante que fomenta, ademais do traballo en equipo, a sensibilización dos cativo co coidado da terra”: