O colexio Compañía de María recibiu a visita do adestrador do Rio Natura Monbus e varios xogadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Visita do Río Natura Monbus ao colexio Compañía de María

Visita do Río Natura Monbus ao colexio Compañía de María

O adestrador do Rio Natura Monbus, Moncho Fernández, acudiu xunto cos xogadores Rafal Luz e Oriol Junyent ao colexio Compañía de María, que celebraba a festividade da súa patroa Santa Juana, cunha xornada especial chea de xogos, mercadillos e actuacións dedicada a todos os seus escolares.

Máis de trescentos nenos e numerosos pais puideron gozar durante este día da presenza do tres homes do equipo santiagués, que se sacaron fotos cos nenos e asinaron autógrafos no pavillón da escola, onde presenciaron tamén o inicio do festival con actuacións de alumnos. Os máis pequenos non dubidaron en mostrar a súa gran afección ao baloncesto e felicitaron ao técnico e aos xogadores pola permanencia conseguida fai unhas xornadas.

Ademais, pasearon polo patio, onde se celebraba un mercadillo solidario con todo tipo de produtos. Os tres profesionais aproveitaron para mostrar o seu apoio á Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María, que promove o comercio xusto e os programas de educación para os máis desfavorecidos.

Igualmente, este luns outros dous xogadores do equipo compostelán, Durand Scott e Micky Stobart compartiron pista cos xóvenes baloncestistas do CB Rosalía de Castro. Os obradoiristas, á conclusión do adestramento, explicaron os detalles do II Campus Obradoiro CAB Barbanza, orientado a mozos e mozas de entre cinco e dezaoito anos.

O obxectivo desta cita, que será en Boiro entre o 30 e o 5 de xuño con prezos de entre 149 e 245 euros, é o desenvolvemento global dos mozos a través do baloncesto coa mellora das habilidades técnico-tácticas e o fomento de valores como a cooperación, o compañeirismo e o respecto. Os interesados poden inscribirse enchendo o formulario nas oficinas do Rio Natura Monbus no Multiusos Fontes do Sar, de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, ou na “Miudiño Store” de Área Central de mércores a sábado de 17.00 a 22.00 horas. Si prefíreno, tamén poden facelo mediante o correo electrónico campus@obradoirocab.com, enviando o formulario cuberto e o xustificante bancario de pago.

19 de maio de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.