O ciclo de cinema da Guarda finaliza coa proxección de Chocolat
Mañá dáse por pechado o ciclo de cinema do Concello da Guarda para o mes de maio, composto por filmes de índole gastronómica.
Terá lugar un día antes de que comece “A Guarda Doce”, onde confeitarías, pastelarías e panadarías amosarán ao público as súas elaboracións máis tradicionais e tamén as novas creacións, nun entorno de festividade cunha programación de interese para nenos e maiores.
VENRES 30 DE MAIO, CHOCOLAT ás 20.30 h no Centro Cultural da Guarda.
Director: Lasse Hallström. Reino Unido, 2000. Duración: 121min.
Reparto: Juliette Binoche, Johnny Depp, Judi Dench, Alfred Molina, Lena Olin, Peter Stormare, Carrie-Anne Moss, Leslie Caron
A Lansquenet, unha poboación francesa moi tradicional, onde nada mudou nos último século, o Vento do Norte achega a dúas forasteiras: Vianne Rocher (Juliette Binoche) e a súa filla Anouk (Victoire Thivisol). Vianne inaugura unha chocolatería repleta de doces capaces de despertar os ocultos apetitos dos veciños. (FILMAFFINITY).