O Centro Princesa Letizia de Vilagarcía acolle unha charla sobre a estimulación multisensorial
Os Servizos Sociais do Concello fanse eco da actividade que a asociación de Amencer- Aspace organiza mañá o centro Princesa Letizia de Vilagarcía e na que se abordarán os beneficios da estimulación multisensorial para mellorar as condicións de vida dos nenos e nenas que sofren parálise cerebral ou afeccións afíns e na que se fará fincapé na perspectiva basal. A actividade desenvolverase mañá, 21 de maio, a partir das 15:30 horas nas instalacións do centro e está aberta á participación de tódalas familias interesadas na comarca.
Esta charla informativa está organizada pola Escola de Pais e Nais de Amencer co obxectivo de continuar formando ás familias que teñen a algún dos seus membros afectados por parálise cerebral ou outras afeccións similares. A finalidade destas sesións é que as familias dispoñan de toda a información necesaria e coñezan as últimas técnicas para poder aplicar aos seus fillos no ámbito doméstico a efectos de mellorar o seu benestar e as súas condicións de vida o máximo.
Os Servizos Sociais do Concello colaboran coa asociación de Pais e Nais de Amencer difundindo a iniciativa para que o maior número de interesados poidan acceder a esta sesión que impartirán as mestras de Educación Especial do centro de atención integral emprazado na calle Duque de Terranova (na Urbanización O Castriño). As ponentes serán Emma Falcón Vázquez, directora do CEE Princesa Letizia, e María del Carmen Vazquez García.











