‘O Cempés Bailarín’ chega á Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVerín
A-
A+

O vindeiro venres 23 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O Cempés Bailarín’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos, entre os que se atopa o que lle da nome a esta actividade “El Ciempiés Bailarín” de Begoña Ibarrola, e como manualidade un cempés -os/as participantes deberán traer unha oveira, ollos e pintura-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

19 de maio de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.