O Cemiterio Municipal de San Froilán preséntase como candidato ao mellor camposanto de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

O Concello de Lugo acaba de formalizar a súa inscrición no concurso Cemiterios de España, organizado pola Asociación de Funerarias e Cemiterios Municipais (FCM) e a Revista Adiós Cultural, en tres categorias: ao mellor cemiterio no seu conxunto, ao mellor monumento arquitectónico e á mellor escultura.

A candidatura do Concello aválase sobradamente, non só pola riqueza patrimonial das construcións funerarias que alberga o recinto, senón tamén coa súa singularidade como espazo aberto e cálido, e como lugar de repouso, reflexión e reencontro. Todo iso, xunto co seu enclave estratéxico, contribúe á súa consideración como un dos puntos relevantes de interese turístico e cultural da cidade. O obxetivo é acadar o recoñecemento como espazo de interese histórico, social e patrimonial, e concienciar á cidadanía do importante patrimonio que alberga.

A selección realizarase en dúas fases: nunha primeira, será persoal experto en historia, arquitectura, arte e cemiterios quen determine as dez candidaturas finalistas para cada categoría. Nunha segunda fase, será o público quen a través dunha votación aberta na rede elixa aos finalistas. O fallo do xurado coñecerase no mes de outubro.

19 de maio de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.