publicidade hoxe

O celeste Augusto Fernández sofre unha escordadura distal de grao II no ligamento lateral interno do xeonllo dereito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

A resonancia que lle foi realizada esta mañá no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima ao centrocampista celeste Augusto Fernández desvela que o xogador sofre unha escordadura distal de grao II no ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito. O xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, destacou que “esta lesión ten un período de curación de varias semanas”, pero ante a disputa da Copa do Mundo e a posibilidade da convocatoria do futbolista “tentaríase aplicar un tratamento máis agresivo para acurtar os prazos e recuperalo canto antes”.

Augusto lesionouse no transcurso da segunda metade do partido disputado o pasado domingo en Balaídos ante o Real Madrid, no que foi substituído por Álex López no minuto 57 do choque.

12 de maio de 2014 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.