O CCA Ourense Norte activa a iniciativa ‘Máis que comercio!’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Mais que comercio! no CCA Ourense Norte

Mais que comercio! no CCA Ourense Norte

O centro comercial aberto Ourense Norte activa durante do o mes de maio a iniciativa Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, unha actividade que, tal e como salientou a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, busca impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes.

As persoas que merquen nos comercios asociados ao CCA Ourense Norte recibirán durante todo o mes un cupón por cada 5€ de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local, así como outros agasallos. Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa recibirá un recoñecemento público ao seu labor.

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que Comercio!, que no mes de abril se desenvolveu no CCA Ourense Centro e que chegará en setembro a O Couto Aberto, percorre os diferentes centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano, resaltando os valores do comercio de proximidade como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade.

Ao mesmo tempo, destácase o traballo que desenvolven os CCAs, unha fórmula que permite, desde o asociacionismo, o desenvolvemento de estratexias comerciais e a prestación de servizos de forma conxunta no pequeno comercio para mellorar a súa competitividade.

6 de maio de 2014 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.