O Carballiño prepara unha nova feira para o vindeiro curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño xa ten perfilada a nova fisionomía das súas feiras para o curso 2014/15, sobre todo no que se refira á zona da praza dos Irmáns Prieto, onde está situado un centro escolar.

Xa nos últimos meses a feira nesa praza viu modificiaciones, buscando sempre a maior seguridade para os alumnos do citado centro escolar. Así se recolocaron os postos de venda ambulante, trasladándoos facía os extremos da praza, e deixando un espazo sumamente maior que o que existía, co que se pode transitar comodamente por esa zona, aínda nos momentos de entrada e saída dos escolares.

Así mesmo despexouse toda a entrada á praza dos Irmáns Prieto, no seu acceso desde a Praza Maior, co que se permite xa a entrada de calquera vehículo de emerxencias até a mesma, cousa que antes era imposible pola localización de postos de venda na misa cale de acceso.

Coa actual reorganización dos postos tanto a praza dos Irmáns Prieto como o acceso desde a praza maior , esa zona da feira carballiñesa conta con espazo suficiente para atender calquera tipo de emerxencia, tanto na mesma `praza como nos edificios da zona , incluíndo o colexio Sacro Corazón.

Nestes momentos todos os accesos á praza dos Irmáns Prieto están garantidos, así como a accesibilidade no interior da mesma praza, quedando só liberar a entrada pola rúa Ana Mogas Fontcuberta. Este acceso estará libre ao comezo do próximo curso, xa que se falou cos feirantes que teñen reserva de lugar nesta rúa, para recolocalos en cálea Norte, co que quedarñia todo despexado.

Eses mesmos feirantes solicitaron ao concello poder permanecer durante o verán no seu lugar, xa que non interferían ao non ser tempada lectiva, quedando avisados de que en setembro xa trendrán a nova localización.

30 de maio de 2014 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.