O Carballiño inicia o programa de promoción da actividade física ‘Actívate’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A Concellería de Igualdade e Benestar Social do Concello do Carballiño vai levar a cabo o programa ACTIVATE un programa de promoción da actividade física.

Vaise iniciar este vindeiro mes de xuño e terá continuidade despois do verán.

Dende a área de Benestar Socia levarase a cabo coas persoas maiores dentro do programa “Un Envellecemento Activo”, como complemento dos programas de estimulación cognitiva que se desenvolveron ao longo desde curso e que están rematando nestes días. Concretamente en Seoane, Mudelos, Señorin, O Carballiño , Mesego e Santa Uxia que remata o luns. Decir que este ano o peche destes programas de estimulación cognitiva vaise levar a cabo con unha comida de confraternidade con todas a persoas que participaron deles a finais do vindeiro mes de xuño.

As actividades que se van a desenvolver dentro deste programa ACTIVATE son Ximnasia de mantemento, aproveitamento dos aparellos   biosaudables do Parque Municipal e Aquagym na piscina climatizada dun ximnasio da zona xunto co Curso de iniciación de natación.Todas as persoas maiores de 60 anos e empadroadas no noso municipio que queiran participar poden inscribirse na Concellería de Igualdade e Benestar Social sita en Faustino Santalices, baixo.

Este programa tamén se impartirá nas diferentes parroquias que o soliciten, iniciándose na parroquia de Mudelos a vindeira semana.

Dentro desta área temos que dicir que a Xunta de Galicia ven de incrementar en 150 horas a Axuda no Fogar para persoas dependentes, o que nos permitirá ir reducindo a lista de espera existente E esperamos que co incremento presupuestario que anunciou onte mesmo o presidente da xunta para ampliar o servizio de axuda no fogar a 500 novos dependentes que no perciben prestacións consigamos atender a todos os nosos dependentes.

Hoxe clausurase o taller de formación para familiares coidadores de enfermos de Alzheimer organizado pola Fundación Barrié e FAGAL-

Paralelamente , e dende a Area de Igualdade levarase a cabo o Programa Integral “Mulleres Máis Activas”, dirixido a mulleres de todas as idades, dando impulso á práctica deportiva en mulleres, dentro da campaña do programa de Promoción da Igualdade, e como complemento ás actividades xa iniciadas no derradeiro 8 de Marzo “Muller, saúde e deporte” facilitando que as actividades de promoción da igualdade se realicen durante todo o ano.

O obxectivo xeral é fomentar a participación das mulleres na práctica físico-deportiva en condicións de igualdade.

Tamén informamos que mañá colgaremos na páxina do Concello , a lista de nenos e nenas admitid@s no programa VERÁN DIVERTIDO, onde os nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán disfrutar de actividades de lecer e actividades educativas co obxectivo de facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e que se desenvolverá os meses de Xullo e Agosto. Tamén se colgará no taboleiro de anuncios do Concello, no local de Bo día Familia e no departamento de Servizos Sociais.

Por último adiantar que todo o alumnado que participou no programa de Sensibilización e Prevención da violencia de xénero que se desenvolveu nos centros educativos e que rematou este mes de maio poderá disfrutar dunha xornada lúdico –educativa no pavillón Paco Chao unha vez rematado o curso escolar o 27 de xuño.

Será unha xornada de mañá e poderán participar en talleres de Baile moderno, elaboración e consumición de cócteles sen alcohol e taller de grafites entre outras. E para os de reforzo educativo tamén haberá unha xornada no local de bo día familia un obradoiro de técnicascircenses, con actividades de equilibrio, malabares, globoflexia, etc…

A inscrición e autorización levarase a cabo coa colaboración dos propios centros educativos ata o 10 de xuño.

29 de maio de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.