O Carballiño adxudica a obra de mellora das beirarrúas de Alberto Vilanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño adxudicará os próximos días a obra de mellora da beirarrúa da rúa Alberto Vilanova, que conduce ata lle centro de saúde da vila, e que terán un custo próximo aos 50.000 euros.

O proxecto considera a mellora de todo o tramo de beirarrúas dende a rúa Carreira, en concreto dende o cruzamento con Aller Ulloa, ata o propio centro de saúde, na marxe dereita da rúa Alberto Vilanova, cun tratamento de superficie de formigón imprimido. Tamén se realizarán todos os rebaixes para acceso dos peóns nos cruzamentos e nos pasos de peóns.

Tamén se incluirá neste proxecto o arranxo da focha existente na beirarrúa, provocada por un afundimento do firme na zona por onde pasa o río Carrás. Neste punto realizarase un corte no asfalto, para encher e evitar que se volva repetir. Así mesmo na zona da focha colocarase novamente a varanda, que co desprendemento do firme, quedara suspendida.

Con este proxecto ofrécese un paso cómodo e seguro para todos os veciños que acoden ao centro de saúde do Carballiño.

Por último, e aproveitando este proxecto, realizarase unha recollida de pluviais no cruzamento de Alberto Vilanova coa rúa Alexandre Bóveda, evitando así que as augas discorran por esta rúa nos días de chuvia.

2 de maio de 2014 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.