O Campionato do Mundo de Dúatlon que se celebrará en Pontevedra é o mundial das marcas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

Ese foi un dos obxectivos que se expuxo o Comité Organizador desde o principio: Bater a marca de participación de deportistas nun Campionato do Mundo de Dúatlon e lograr organizar o mellor Mundial da historia. Até agora logrouse o primeiro obxectivo: Con 1.412 deportistas inscritos estableceuse unha nova marca de participación e agora queda o obxectivo máis ambicioso: Lograr o mellor Mundial.

En total son 1.412 deportistas de 38 países, sendo Gran Bretaña o país con maior participación (349), mesmo por diante de España (338) e Estados Unidos (268). A expedición con maior presencia de deportistas femininas é a de EE.UU. (112), mentres que a máis “masculina” é a española (270 homes). Ademais dos deportistas, hai que destacar o grupo dos técnicos e os seus acompañantes, polo que durante aproximadamente cinco días (nalgúns casos, máis dunha semana), unhas 5.000 persoas visitarán Pontevedra e os municipios próximos. Isto apréciase na hostalaría, xa que todos os hoteis da capital pontevedresa, así como os de Sanxenxo ou Portonovo puxeron o cartel de “completos” durante esta semana, como no mellor agosto de calquera cidade do sur.

Números. O Mundial de marcas está cheo de números. Case 500 voluntarios e máis de cen profesionais traballando nas diferentes tarefas (secretaría, instalacións, comunicación, xuíces, servizos….).

Só para a creación do circuíto serán necesarias 600 valos para conformar o circuíto, 10.000 metros de cinta de balizar, 800 metros cadrados de moqueta, 1.200 bridas e 260 barras para colocar bicicletas.

E nestes dous días de competición, consumiranse 20.800 botellas de augas, 1.500 ensaladas. 1.500 barritas enerxéticas, 2.500 powerades, 1.500 cafés e 1.500 pezas de diferentes froitas (plátanos, mazás), todo iso cedido de forma gratuíta por Froiz, unha das entidades colaboradoras do Mundial.

29 de maio de 2014 | 22:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.