O C.C. Arousa arrinca maio con nova programación infantil
Confeccionar broches de fieltro con orixinais formas, crear simpáticos animais de cartulina ou aprender a fabricar divertidas papeleras elaboradas con material reciclado son algunhas das actividades que o Centro Comercial Arousa planificou dentro da nova programación infantil de maio e da que poderán gozar, desde este sábado ata o próximo día 31, os máis pequenos, a partir das 17:00 h., na Sala de Xogos da 2º planta.
Arrincará o sábado día 3 cun taller dedicado á Confección de broches de fieltro no que os nenos poñerán a proba a súa habilidade para as manualidades aprendendo a elaborar os seus propios deseños cos que despois poderán adornar mochilas, abrigos ou camisetas.
O sábado 10 crearán un divertido zoológico de papel compoñendo todo tipo de animais con cartulinas de cores e outros materiais como bolsas ou pintura de dedos. Despois, participarán nunha entretida sesión de xogos musicais.
O sábado 24 fabricarán unha graciosa papelera con materiais reciclados que poderán colocar despois na súa habitación, e o sábado 31 construirán fantasiosos lapiceros con forma de castelo medieval onde poderán gardar bolígrafos ou pinturas. Ao finalizar, gozarán de animados xogos en grupo.











