O Burela medirase ao Atlético de Madrid por coroarse a Liga de Primeira División
Antepenúltimo asalto pola Liga de Primeira División na que o Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid loitan pola coroa. Aínda que o Atlético, líder, ten unha vantaxe de 5 puntos respecto de as mariñáns, cada xornada conta e o deporte sempre pode deparar sorpresas.
O Burela Pescados Rubén defenderá ata o final o seu cetro e afronta cada partido co seu característico espírito competitivo para presionar ás colchoneiras que se miden a un perigoso Ponte Ourense nesta xornada. Pola súa banda, o Burela Pescados Rubén enfróntase en Vista Alegre ao Gironella, oitavo clasificado, el sábado 17 a partir das 16.15 horas.
O técnico burelés, Quico Otero, incide na idea de manter a competitividad e a tensión do equipo “aínda que esteamos en desventaja respecto ao líder e sabemos que é difícil que pinche todo o que nós necesitamos imos disputar cada punto que hai xogo”.
Respecto ao Gironella destacou “o seu balance positivo como equipo visitante. É un equipo correoso que conta con xogadoras desequilibrantes e que chegan a este partido sen presión de ningún tipo”. Para este encontro segue sendo baixa Jozi, debido a unha rotura fibrilar.
Homenaxe campións. No descanso do choque homenaxearase a tres equipos das categorías de base do Burela Pescados Rubén: ao xuvenil e o infantil A como campións de Lugo, e ao alevín que conseguiu o subcampeonato provincial.
Terceira División. O equipo filial do Burela Pescados Rubén inicia a Copa de Terceira División ante o Sala 5 Coruña FS. O partido ante os herculinos dispútase nunha eliminatoria directa que ten como escenario do primeiro capítulo a Vista Alegre. O duelo comeza o sábado 17, a partir das 18.30 horas.
O xuvenil campión da Liga Provincial
O equipo xuvenil do Burela Pescados Rubén proclamouse campión da Liga Provincial tras empatar (3-3) ante o CP Casás. O empate resultou suficiente para os laranxas que dependían de si mesmos para alcanzar o campionato mentres que o Cidade de Lugo, segundo clasificado, debía esperar un tropezo dos mariñaos que non chegou. O conxunto dirixido por Christian Gómez, mantivo unha dura pugna coa escuadra lucense durante o campionato. O técnico burelés cualificou como “moi merecido este título, cun persoal prácticamente de primeiro ano de xuvenil competemos moi ben e os xogadores merécense esta alegría. Agora toca gozar tamén do premio de competir no Campionato Galego”.
Campións: Jorge Pernas, Christian García, Adrián Riveiro, Borja Branco, Isaac Losada, Renato Lopes, Adrián García, Marcos Igrexas, Adrián Sanjurjo, Richi Gómez e Sergio Cora.
Adestrador: Christian Gómez. Preparador Físico: Brenan Rivas
Auxiliares: Mario Pillado e Javi Celes.
Tamén se coroou como campión provincial o ED Burela FS A de categoría infantil.
Os pupilos de Brenan Rivas venceron con solvencia ao Monterroso en semifinais (4-1) e na final non perdoaron ante o ED Chantada (2-4). A fase final disputouse en Láncara.
Campións: Néstor Val, Luismi Neto, Álvaro Suárez, Rubén Branco, Adilson Varela, Óscar Candia, Sergio Rivas, Víctor Pedreira, José Luís Sáez, Luka Eijo.
Adestradores: Brenan Rivas e Mario Pillado.
En categoría alevín, o ED Burela FS tivo que conformarse co subcampeonato provincial ao caer na final (4-1) ante o ED Lourenzá Mondoñedo. A derrota na gran final non empaña a excelente tempada da escuadra dirixida por Carlos Moreno. Os mariñanos chegaron á gran final tras eliminar en semifinais ao ED Taboada (2-9). Esta fase final disputouse en Guitiriz.
Subcampeones: María Bertolo, Gustavo Marchesán, Pablo Delgado, Jorge Quelle, Nico Vizoso, Isaac Regueira, Diego Eijo, Antonio Baltar, Edmilson Carreia, Pol Bassa, José Carlos Sanches, Alex Pedreira, Anxo Paz, Daniel Barreiro.
Adestrador: Carlos Moreno.
Auxiliares: Xevi Bassa e Chacho Vizoso.
Selección Española Sub 21 en Galicia
O paso da selección española Sub 21 por Galicia amosou que o futuro de combinado nacional está asegurado cunha xeración de deportistas que prometen e, en moitos casos, xa son unha realidade. España, dirixida por Fede Vidal, gañou no dobre duelo ibérico a Portugal sendo moi superior en Burela (8-2) , luns día 12, e vencendo sobre a bocina (2-1) en Cerceda, martes 13, cunha xogada de estratexia perfectamente executada.
Nun restaurante do Concello coruñés de Cerceda celebrouse a comida oficial de autoridades na que o Burela Pescados Rubén estivo representada por Rubén Blanco Fernández, directivo do club e fundador de Pescados Rubén que recibiu o recoñecemento unánime polo seu apoio fundamental ao Fútbol Sala a través do patrocinio do CD Burela FS Pescados Rubén por parte das autoridades presentes, entre outras; o Presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, D. Antonio Escribano, o máximo responsable das Seleccións Nacionais da RFEF, D. Laurentzi Gana; o responsable de Fútbol Sala da Federación de Portugal; D. Pedro Dias; o Presidente da Federación Galega de Fútbol; D. José Liñares que tamén exerceu como anfitrión en calidade de Alcalde de Cerceda, estando representado tamén o Concello de Burela por D. José María González Barcia, alcalde da localidade mariñá que acolleu o primeiro duelo hispano-luso.











