O Azkar Lugo xuvenil recibirá ao Jérez na primeira rolda da Copa de España
Esta mañá levouse a cabo na sé da RFEF da Cidade do Fútbol de Las Rozas o sorteo da XI Copa de España Xuvenil. O Azkar Lugo desta categoría accede á celebración dunha nova edición deste campionato ao finalizar como campión do grupo galego e deberá disputar a primeira rolda previa. O rival que lle deparou o sorteo é unha das potencias a nivel estatal, Jerez 1993, que na pasada edición do 2013 finalizou subcampión de España tras perder a final ante o FC Barcelona na tanda de penaltis.
Nesta primeira rolda previa, cinco son as eliminatorias que se disputarán. Quedaron exentos da mesma tres equipos: La Gomera, ElPozo Murcia e Alaró.
A data prevista para esta primeira eliminatoria será o 17 ou 18 de maio, eliminatoria a partido único. Os cinco equipos que se clasifiquen, xunto aos que quedaron exentos da primeira eliminatoria, disputarán a seguinte fase, a de cuartos de final, o fin de semana do 24 e 25 de maio. A fase final, con sé pendente de designar, a diputarán os días 14 e 15 de xuño os catro equipos clasificados para a mesma.
Emparellamentos primeira rolda
Debabarrena – Levante UD DM
Grúas Eloy Bar La Barra – FC Barcelona Alusport
UD Las Rozas Boadilla – Atlético Benavente
Azkar Lugo – Jerez 1993
Campeón Castilla La Mancha – Umacón Sala 10











