O Auditorio Municipal de Ribadumia vivirá unha fin de semana chea de espectáculos
O Auditorio Municipal de Ribadumia recibe unha fin se semana con alternativas de ocio para todos os públicos. Comezan hoxe venres co concerto conmemorativo do día das letras galegas o venres, as 21:30 horas, a cargo da Banda de Música Municipal de Ribadumia
O sábado será a quenda dos “Bolechas e o Sabichón”, a nova proposta dos Bolechas que se estrea en Ribadumia e no que os mais pequenos poderán disfrutar deste novedoso formato interactivo entre personaxes e espectadores. Será as 19:00 horas con entrada libre.
Mucha e Nucha deixarán a Casa da Conexa na TVG para estar o domingo as 20:00 horas no Auditorio. Estas dúas personaxes contarán as súas últimas peripecias para disfrute de todos
Desde o Concello de Ribadumia apóstase deste xeito por converter o escenario nunha alternativa de ocio saudable é en familia, con formatos para todos os públicos e sen custe para os interesados en pasar unha tarde diferente.











