O atleta carballiñés Fernando Guerra recibe os parabéns polo primeiro posto na proba de ultratrail 101 Peregrinos
O concelleiro de deportes Rodrigo González Hermida, felicita ao atleta Fernando Guerra pola súa 1º posto na carreira de ultratrail celebrada este pasado fin de semana en Ponferrada 101 Peregrinos. Fernando Guerra conseguiu chegar o primeiro na súa categoría (veteranos B), e 9º na xeral, nunha proba na que participaron uns 2.700 deportistas.
Esta proba está considerada como unha das máis duras do calendario nacional. O éxito de Fernando Guerra ten aínda máis mérito si se ten en conta que unha semana antes participara no maratón de Madrid.
Rodrigo González Hermida felicita a este atleta carballiñés, e a todos os atletas que, levando o nome de O Carballiño, están participando en numerosas probas tanto nacionais como internacionais “porque son eles os que están facendo moito polo noso deporte. Por iso a todos eles queremos darlles as grazas e os parabéns”.











