O artista compostelán Fran Allo presenta o seu primeiro traballo discográfico en Hannover
Fran Allo, artista compostelán, presenta o seu primeiro traballo discográfico este sábado 31 de maio en Hannover, Alemaña. Tras o recoñecemento do seu primeiro single “Alma Galega” como canción representativa da SECRETARIA XERAL DE EMIGRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA durante este 2014, o artista galego Fran Allo, presenta o seu primeiro traballo discográfico “O Soño que persigo” en Hannover – Alemaña, este sábado 31 de maio, nun concerto acústico ante centenares de galegos alí residentes. Ademais das cancións que dan vida a este primeiro traballo, o artista incluirá no seu repertorio grandes clásicos do panorama musical galego e nacional.











