O Andarivel proclámase vencedor absoluto da XVIII Regata Almirante Rodríguez Toubes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarín
A-
A+

Coa consecución da segunda e definitiva etapa, finalizou en Marín a XVIII Regata Almirante Rodríguez Toubes que organizaron conxuntamente a Comisión Naval de Regatas da Escola Naval Militar de Marín e o Real Club de Regatas Galicia de Vilagarcía co patrocinio da firma Extrugasa e a colaboración da Autoridade Portuaria do Porto de Vilagarcía e de Mariña Vilagarcía. Percorrido novamente costeiro desde Vilagarcía a Marín con 25,7 millas de distancia total.

Saída novamente puntual ás 11:30 horas fronte ás instalacións da mariña vilagarciá, con vento do Nordeste de 9 nós de intensidade, de forma que os barcos tiveron que saír en carreira lanzada cos spinakers izados, dando gran colorido á mesma, onde o CORSARIO foi o que mellor o fixo. De todos os xeitos, tres millas máis adiante o vento acougou case totalmente por espazo de 20 minutos ata que por fin entrou o vento previsto do Noroeste que durante a proba chegou a alcanzar incluso os 16 nós de intensidade, comandando a flota case todo o tempo o ETEA, ata que unha vez entrados na Ría de Pontevedra, pasada a baliza de Morrazán a 3 millas da chegada o vento novamente baixou moitísimo de intensidade e de dirección, converténdose nun calvario o alcanzar a liña de chegada, sobre todo para os primeiros, que veian como se lles achegaban os seus perseguidores. Emoción en tempo real onde 11 barcos nin máis nin menos, xuntáronse con posibilidades de chegar de primeiros, levándose o gato á auga finalmente o SEBRALA e ou segundo despois o ETEA. O vento que entrou posteriormente, axudou a que gañasen os deseños máis lixeiros.

En tempo compensado, na División Regata impúxose brillantemente tamén o SEBRALA, seguido a 2 minutos polo YOUKOUNKOUN e medio minuto despois o ORAL GROUP, mentres que en Cruceiro/Regata impúñase a BILLA, seguido do ENXUTO a case dous minutos e o ANDARIVEL a máis de 9 minutos. Por último en división Cruceiro, quedou primeiro o FIRME, seguido de CAMARON 20 a 15 minutos e PIKO NORTE a 27 minutos.

Por último, en clásicos gañou o AGUETE como na xornada anterior.

Realizados os cómputos correspondentes, moitísima igualdade na xeral final, que quedaron así para os primeiros:

Clase Regata:

1º) OZOAQUA (IMX 38 – Juan Carlos Pérez – C.N. Combarro), 5 puntos

2º) ORAL GROUP (Salona 37 – Pedro Pazos – CN Portosín), 5 puntos

3º) YOUKOUNKOUN (JOD 35 – Adolfo Castro – CN Portonovo), 6 puntos

4º) SEBRALA (Bavaria 50 – Magin Froiz – RCN Sanxenxo), 8 puntos

5º) CORSARIO VIN (First 45s5 – José Durán- LC Vilagarcía), 8 puntos

Clase Cruceiro/Regata:

1º) ANDARIVEL (First 33.7 – Emilio Patiño – LC. Vilagarcía), 4 puntos

2º) ENXUTO (First 31.7- Pablo Conde –RCN Sanxenxo), 4 puntos

3º) BILLA (First 27.7 – Francisco Freire – RCM Aguete, ), 5 puntos

4º) AGUIERA (Sun Oddisey 40 – Celestino Campelo – RC M Aguete), 9 puntos

5º) ZIRALLA I (Astraea 330 – Ramón Barreiro – CN Barraña Boiro), 11 puntos

División Cruceiro:

1º) FIRME (Golfiño 7,25 – Gonzalo Leira – CNR Marín), 3 puntos

2º) CAMARON 20 (Yatlánt 24 – Alberto Pérez – CN Combarro), 3 puntos

3º) PIKO NORTE (Bavaria 32 – José Manuel Castro – RCN Coruña), 7 puntos

4º) AQUARI (Oceanis 351 – Luís Malvar – CN Beluso), 11 puntos

5º) QUEN VAI (RO 330 – Laureano Santiago – RCN Sanxenxo), 14 puntos

En Clásicos, vitoria final do AGUETE (Formosa 51 – Antonio Díaz – CNR Marín) con 2 puntos, seguido do AROUSA( Ketch Bermudian –   Arturo Bazán – CNR Marín) con 4 pun tose.

A clasificación absoluta foi gañada polo ANDARIVEL con 5 puntos, seguido do ENXUTO con 6 e terceiro a BILLA con 11 puntos.

Ao finalizar a etapa tivo lugar unha recepción aos participantes no Casino de Oficiais coa entrega de premios final, coa asistencia do Presidente da Comisión Naval de Regatas da Armada almirante Jaime Rodriguez Toubes, a Alcaldesa de Marín María Ramallo, Comandante-Director da Escola Naval Militar de Marín, Juan Luís Sobrino Pérez-Crespo; presidente do Real Club de Regatas Galicia, Pedro Piñeiro; Presidente da Comisión Naval de Regatas de Marín e sub-director da Escola Naval, Capitán de Fragata Gonzalo Villar e o fundador director xeneral de Extrugasa, Andrés Quintá entre outras autoridades.

12 de maio de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.