O alcalde de Vigo asina un convenio coa Mancomunidade para a conservación e divulgación ambiental dos montes

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Concello e Mancomunidade de Montes de Vigo rubricaron este xoves un acordo de colaboración en materia medioambiental, convenio que promove a organización de actividades de educación ambiental, a reparación e limpeza dos roteiros polos montes de Vigo, a creación de novos percorridos e a cooperación para prevención de lumes.

O convenio de colaboración asinado esta mañá entre o alcalde e o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, cunha duración de dous anos, presenta unha “visión medioambiental” para “transmitir á cidade a posibilidade de utilizar os montes”.

“En Vigo temos unha cordilleira de montes excepcional”, subliñou Caballero, quen recordou que esta fin de semana o Concello organiza a primera andaina polos montes de Vigo cunha participación estimada de mil persoas.

15 de maio de 2014 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.