O alcalde de Ourense rexeita o despido de cinco traballadores por parte da nova concesionaria da limpeza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O alcalde da cidade, Agustín Fernandez, púxose esta tarde en contacto cos responsables da nova concesionaria da limpeza dos edificios dependentes do Concello de Ourense para amosarlle o total rexeitamento do Concello ao despido de cinco traballadores.

O alcalde, que emprazou á empresa a un novo contacto inmediato para revertir a situación, lamenta o “mal comezo” do novo servizo, lembrándolle que no prego de condicións figura a asunción da anterior plantilla pola nova concesionaria.

“Teremos que analizar a situación cos xurídicos municipais”, afirmou o alcalde, “pero a priori, a nova contrata non pode alterar a plantilla unilateralmente e sen sentarse con nosos servizos a tomar unha decisiòn”.

5 de maio de 2014 | 20:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.