O alcalde de Ourense mostra o seu pesar polo falecemento da Presidenta da Deputación de León
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, en nome do Goberno Municipal e do Concello de Ourense quere lamentar o falecemento de Isabel Carasco, presidenta da Deputación de León e do Partido Popular nesa provincia e trasladar as súas máis sinceiras condolencias a súa familia e achegados.
Fernández, amosou a súa consternación ante as dramáticas circunstancias da morte de Isabel Carrasco, e dende o Concello de Ourense quere condenar este acto violento, así coma calquera outra manifestación violenta, que sempre implica un ataque ao estado democrático e de dereito.