O alcalde de Ourense insta a todos os grupos políticos a “actuar con madurez”
O alcalde da cidade, Agustín Fernández, instou hoxe a todos os grupos da oposición a que “por unha vez abandoen os seus intereses partidistas” e pasen a xogar un papel activo e responsable na creación de emprego e riqueza en Ourense. “A ver se dunha vez actuamos todos con madurez e evitamos que Ourense perda irresponsablemente a posibilidade de xerar ata 1.500 empregos”. Para evitar esta posibilidade, o alcalde avogou por “poñer en pause” por unha vez a política de ataques e descalificacións constantes que exerce a oposición no Concello de Ourense, e pasar a exercer políticas máis constructivas, como “a distribución entre o tecido empresarial da cidade de máis de 15 millóns de euros, coa conseguinte revitaliación económica e a creación de empleo que elo conleva, estimada nuns 1.500 empregos”.
“Os cidadáns de Ourense non entenderían”, asegurou Fernández, “como desperdiciamos esta oportunidade de invertir de xeito directo parte do Remanente de Tesoureiría que nace da boa xestión dos seus tributos, en crear emprego nunha situación como esta”. “Realmente, calqueira tería moi dicícil explicar porqué di `non´ a unha medida creadora de emprego nos tempos que corren”, concluiu, chamando novamente ós líderes da oposició a facer as contribucións que consideren necesarias ó documento do Plan de Inversións, “en lugar de situarse simplemente no seu lugar natural dentro da ruta que se teñen trazado como oposición, o `non´¨.











