O alcalde de Monforte convoca unha reunión para tratar a supresión do partido xudicial
O alcalde de Monforte convocará ós representantes dos partidos políticos, dos sindicatos, dos empresarios e das asociacións veciñais, a unha reunión que se celebrará o vindeiro luns día 12 de maio ás 20:0 h. no salón de plenos da Casa do Concello.
O asunto que centrará esta reunión será o anteproxecto de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial e, máis en concreto, a supresión de partidos xudiciais contemplada na mesma. Na reunión tamén participará o Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, J. Félix Mondelo Santos.
Con esta convocatoria, o alcalde da cumprimento o acordo acadado por profesionais da xustiza e representantes políticos e sindicais nunha reunión que celebraron a pasada semana nos locais sindicais de Monforte.











