O alcalde de Lugo defende un congreso como din os estatutos
O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, pediu este venres á presidenta da Xunta de Andalucía, Susana Díaz, que dea “un paso adiante” e se presente para liderar o PSOE, porque sería “unha extraordinaria candidata”.
Ademais, o socialista pronunciouse sobre o método de elección do próximo secretario xeral para deixar claro que, ao seu xuízo, debe ser un congreso “como din os estatutos do partido”. Posteriormente, iso si, deberían celebrarse primarias para elixir o candidato á Presidencia do Goberno, tal e como estaba pactado.
“Eu quixese defender neste momento a Rubalcaba e animalo a que siga co mesmo espírito do día que convocou o congreso”, insistiu o rexedor lucense.
Por outra banda, abordou a retirada de cargos contra o alcalde de Pedrafita do Cebreiro (Lugo), José Luis Raposo, no denominado como ‘caso das multas’, para celebrar esta decisión da Fiscalía.
De feito, indicou que enviou unha mensaxe ao rexedor -quen se deu de baixa no PSOE para afrontar o xuízo- para felicitalo. “E espero que máis pronto que tarde me mande el a min a mesma mensaxe”, desexou, antes de indicar os xornalistas que “están a falar cun inocente” ao que “a xustiza vai dicir exactamente o mesmo” que a Raposo.











