O alcalde compostelán recibiu un grupo de escolares franceses de intercambio co Colexio Peleteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Estudantes franceses de intercambio en Santiago

Estudantes franceses de intercambio en Santiago

O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi un grupo de escolares franceses do Collège Le Mourion, da vila francesa de Villeneuve-lès-Avignon, que están pasando uns días en Compostela e regresan mañá ao seu país. Estes mozos e mozas galos están en Santiago dende o día 14 de maio no marco dun intercambio académico co Colexio Peleteiro. Estarán aquí ata mañá, día 22, e durante a súa estadía participaron en diversas visitas e actividades lúdicas, culturais e de convivencia. Os escolares composteláns xa viaxaran con anterioridade á vila francesa.

O alcalde quixo destacar a boa relación que hai co país veciño, unido a través do Camiño Francés, “que ademais de atraer a millóns de peregrinos a Santiago atrae diferentes linguas e culturas” e expresou aos alumnos franceses o desexo de que tiveran unha feliz estancia en Santiago e levaran un bo recordo da cidade e do Colexio.

21 de maio de 2014 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.