O 8 de maio daranse a coñecer os mellores deportistas e clubs monfortinos do ano 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O concello de Monforte organizará o xoves día 8 de maio ás 20:30 h. na Casa da Cultura, un acto público no que se levará a cabo a entrega dos premios ós/ás deportistas e clubs máis destacados do ano 2013.

O xurado valorou os méritos dos atletas e clubs participantes en cada categoría e o resultado das súas decisións darase a coñecer o día 8 de maio no acto de entrega de premios que se desenvolverá na Casa da Cultura de Monforte.

O acto será presentado pola xornalista Manola Porto e ó mesmo asistirán o alcalde e membros da Corporación Municipal, integrantes do xurado e representantes dos clubs e entidades deportivas monfortinas.

Nesta segunda edición, a Gala do Deporte Monfortino contará con dous invitados de excepción, o adestrador e o delegado do Deportivo da Coruña, Fernando Vázquez e Juan ángel Botana, respectivamente.

2 de maio de 2014 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.