Nova xornada do Directo Xove de Cangas da man de Tales of Monkeys
Mañá venres volve a música a Cagas co concerto de Tales of Monkeys dentro do programa Directo Xove 2014.
Esta banda, composto por Daniel Pousada (guitarra, banjo e voz), Martín Martínez (voz e harmónica), Alex Dios (guitarra e harmónica), María Martínez (chelo e mandolina), Luís Martínez (percusión) e Alberto Pastoriza (baixo), naceu grazas a “un grupo de amigos que se xuntan para facer música cun par de guitarras eléctricas”. O que nun comezo á a ser unha agrupación de rock finalmente converteuse nun grupo acústico “por varios problemas como falta de presuposto para unha batería ou amplificadores optamos por centrarnos no acústico e así naceu Tales of Monkeys”.
O seu estilo percibe a influencia de grandes da música coma Bob Dylan e grupos máis actuais como Mumford and Sons, Imagine Dragons ou La M.O.D.A.
Cun caixón, dúas guitarras, baixo e dúas voces, ás que despois se sumaron un chelo e instrumentos como a mandolina, o banjo ou a harmónica para darlle un toque máis folk, deleitarán mañá aos asistentes ao seu concerto se terá lugar ás 22.30 no Salason.
A entrada terá un custo de 3 euros que serán integramente para o grupo.











