Nova sesión de contacontos na Biblioteca de Cedeira

Sesión de contacontos en Cedeira
Nenos e nenas de cero a tres anos da Escola Municipal Infantil participaron esta mañá na Biblioteca Municipal López Cortón da vila nunha divertida sesión de contacontos a cargo da compañía Migallas Teatro, que deleitou aos máis pequenos cos seus “Contos do chupete”. Unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Unha actividade incluída no programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.











